|
|
A Rae menospreza o galego
|
|
Somos un grupo de persoas galegas que vén de crear unha campaña para tentar modificar o artigo "gallego" que se pode observar no diccionario da RAE (Real Academia Española).Segundo a RAE o termo galego significa:
gallego, ga.
5. adj. C. Rica. tonto (falto de entendimiento o razón).
6. adj. El Salv. tartamudo.
7. m. Lengua de los gallegos.
Como podedes ver na quinta e sexta acepción defínese galego coma "tonto" (parvo) ou "tartamudo" (tatexo) e ademais se indica que estes significados proveñen de Costa Rica e O Salvador. Xa é ben sabido que nestes lugares ( en en toda América do Sur) non se emprega o termo galego con estes sensos. Porén a RAE quere seguir a mantelos. Por outra banda, a entrada sétima define á nosa língua simplemente coma "lengua de los gallegos" (língua dos galegos). Cremos que esta definición resulta completamente insuficiente. Así, en primeiro lugar pensamos que a definición da língua galega debería aparecer nun segundo ou, como moito, nun terceiro lugar e non nun sétimo, ademais, non se indica que o galego sexa unha língua romance nin que Galicia fora durante unha boa parte da Idade Media un reino independente, cousa que si se di do catalán ou do castelán. Ó mesmo tempo, acontece que ó situar a definición de idioma xusto despois do de "tonto" ou "tartamudo", parece querer dicir que a "lengua de los gallegos" é a língua dos parvos ou dos tatexos. Dende aquí pedimos que os significados de "tonto" e de "tartamudo" sexan eliminados por consideralos retrógados e insultantes, e que a língua galega sexa definida como se merece, nun segundo lugar, e non coma un simple dialecto.
|
|
Vós mesmos podédesnos axudar no que nos propoñemos conseguir, asinando en calqueira dos seguintes enlaces:
Enlace en galego normativo:
http://spreadsheets.google.com/viewform?key=pNL910G3HeMl_uXxF5QuATQ&email=true
Enlace en galego reintegracionista:
http://www.abaixoassinado.org/abaixoassinados/663
Enlace en castelán:
http://spreadsheets.google.com/viewform?key=pNL910G3HeMkxftyYDJobWA&email=true
Moitas graciñas a todos!!!
|
|
|